O SACRAMENTO DA PENITENCIA OU DA RECONCILIACIÓN
A penitencia é o Sacramento que perdoa os pecados cometidos despois do Bautismo.
Recibimos o Sacramento da Penitencia cando nos confesamos ben e recibimos a absolución.
Para confesarnos ben son necesarias 5 cousas:
1. Exame de conciencia.
2. Dor dos pecados
3. Propósito da emenda.
4. Dicir os pecados ao confesor.
5. Cumprir a penitencia.
O exame de conciencia é lembrar os pecados cometidos desde a última confesión ben feita.
A dor dos pecados é un sentimento ou pesar sobrenatural de ofender a Deus.
Propósito da emenda é a firme resolución de non volver pecar.
Debemos confesar todos os pecados.