Abraham, Isaac e Xacobe reciben o nome de patriarcas por ser os proxenitores ou antepasados de Israel, o pobo elixido por Deus. Abraham foi pai de Isaac, e Isaac pai de Xacobe. Deus cumpriu as promesas feitas a Abraham coa axuda dos patriarcas. Estes eran amigos de Deus e guiaron o seu pobo.
Abraham. Deus quixo que fose o pai do seu pobo. Divos prometeulle unha gran descendencia e unha terra onde vivir chamada Canaán. As promesas de Deus cumpríronse de inmediato. Pasaron moitos anos ata que Abraham e a súa muller Sara, sendo xa anciáns, tiveron o seu único fillo Isaac; e os seus descendentes foron nómades durante moito tempo antes de poder vivir estables na terra prometida de Canaán.
Isaac: Foi unha persoa pacífica. Sempre se opoñía ás pelexas e a calquera tipo de violencia. Confiou. como o seu pai, nas promesas de Deus. Isaac casou con Rebeca, pero non tiveron fillos. Así que Isaac pediulle a Deus que lle dese descendencia, e Deus concedeulle dous fillos xemelgos, Esaú e Xacobe.
Xacobe e Esaú. Na antigüidade só herdaba o primeiro fillo. Esaú, por ser o maior, é quen debía recibir a herdanza e o título de patriarca do seu pai Isaac. Pero Esaú era insensato, e vendeulle ao seu irmán Xacobe o dereito de herdar por un prato de lentellas. Cando Isaac era moi ancián e coa axuda da súa nai, Xacobe fíxose pasar por Esaú. Deste xeito Xacobe puido recibir de Isaac a bendición que o facía herdeiro e o novo patriarca.
Xacobe. Recibiu de Deus o nome de Israel. Por iso todos os seus descendentes chámanse israelitas. Xacobe namorouse de Raquel e Raquel del. Tiveron que esperar moitos anos e superar moitas dificultades ata que puideron ser esposos. Xacob tivo doce fillos.
Co paso do tempo, de cada un dos fillos de Xacobe, xurdiron grandes familias.
Así nacen as doce tribos de Israel , os doce grupos de familias que formaron o Pobo de Deus. Cando o pobo de Israel deixou de ser nómade e estableceuse en Canaán, o territorio dividiuse en doce partes. Cada tribo estableceuse nunha delas.
Historia de Xosé. Xosé foi un dos doce fillos de Xacobe. Os seus irmáns vendérono como escravo a un rico exipcio por envexa. Xosé era moi honrado e tiña a capacidade de interpretar os soños. Por iso, o faraón de Exipto apreciábao moito. Pasado o tempo, houbo grandes secas, e os irmáns de Xosé tiveron que ir a Exipto para sobrevivir. Alí Xosé acolleunos e perdoounos.A xénese e o primeiro libro da Biblia. Conta como Deus creou todo (A historia da creación), e a vida dos patriarcas. É dicir, narra a creación da vida e a formación do pobo de Deus, Israel.