O SACRAMENTO DO BAUTISMO
Para ser cristián é necesario recibir o sacramento do bautismo. Ao recibilo obtense o perdón dos pecados e recibe o don do Espírito Santo e únese a Igrexa de Xesús como fillo de Deus.
Celebración do sacramento do bautismo:
Acollida
· Os pais piden á Igrexa o bautismo para o seu fillo ou filla, e comunican o nome que lle puxeron.
· O sacerdote lémbralles que deben ensinarlle a amar a Deus e o próximo. Despois, o sacerdote e os pais fanlle o sinal da cruz na fronte ao neno co signo de acollida.
Lectura da Palabra de Deus
· Lense textos da Biblia sobre o bautismo.
· Despois, o sacerdote estende sobre o peito do neno un óleo ou aceite bendicido para recibir a forza do Espírito Santo.
Rito do bautismo
· O sacerdote bendí a auga para bautizar o neno. A auga é o símbolo principal do bautismo, representa a vida de Deus que abraza ao bautizado.
· Os pais e padriños expresan a súa fe en Deus Pai, Fillo e Espírito Santo, e comprométese a transmitir esa fe ao neno e a ensinarlle a vivir como Xesús ensinou.
· A continuación, o sacerdote verte auga tres veces sobre a cabeza de neno dicindo:
"Eu bautízote no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo".
· Como sinal de que xa está unido a Xesús, o sacerdote unta sobre a cabeza do neno o Santo crisma, que é outro aceite bendicido. Despois, cóbreo cun pano branco para indicar que está revestido da nova vida de Deus.
· Ademais, o sacerdote entrega aos pais e padriños un cirio acendido que representa a Xesús como a luz que nos guía e ilumina.
A celebración termina co rezo do nosopai.