lunes, 27 de abril de 2020

OS APÓSTOLOS DESPOIS DE RECIBIR O ESPÍRITO SANTO

Ao recibir en Pentecoste o Espírito Santo,os apóstolos quedaron cheos de entusiasmo e valor
Inmediatamente comezaron a dar testemuño da resurrección de Xesús e a ensinar aos demais imitando o exemplo de Xesús: dicían o que lle oíron dicir e facían o que lle viron facer.

Os apóstolos daban testemuño coas súas palabras e obras. Anunciaban a resurrección de Xesús con alegría, e demostraban o poder do seu amor curando, perdoando, compartindo … Así invitaban a crer en Xesús e a formar parte do grupo dos seus amigos.

Os doce apóstolos e os demais discípulos de Xesús formaron unha comunidade. Compartían todo o que tiñan e vivían tan unidos a Xesús que  se sentían todos como irmáns. Reuníanse nas casas para escoitar as ensinanzas dos apóstolos, orar xuntos e celebra a eucaristía.

Antes de subir ao ceo, Xesús deixou unha misión aos seus apóstolos, unha tarefa que cumprir,díxolles:
"Poñédevos en camiño e facede discípulos a todos os pobos, bautizádeos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo".

Os apóstolos cumpriron con esta misión desde o principio.