viernes, 24 de mayo de 2019

EL RITO DEL BAUTISMO




Rito do bautismo
·        O sacerdote bendí a auga para bautizar o neno. A auga é o símbolo principal do bautismo, representa a vida de Deus que abraza ao bautizado.
·        Os pais e padriños expresan a súa fe en Deus Pai, Fillo e Espírito Santo, e comprométese a transmitir esa fe ao neno  e a ensinarlle a vivir como Xesús ensinou.
·        A continuación, o sacerdote verte auga tres veces sobre a cabeza de neno dicindo:
"Eu bautízote no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo".
·        Como sinal de que xa está unido a Xesús, o sacerdote unta sobre a cabeza do neno o Santo crisma, que é outro aceite bendicido. Despois, cóbreo cun pano branco para indicar que está revestido da nova vida de Deus.
·        Ademais, o sacerdote entrega aos pais e padriños un cirio acendido que representa a Xesús como a luz que nos guía e ilumina.