Os descendentes de Abraham son o pobo xudeu ou pobo de Israel. Xesús era xudeu, e a partir del xurdiu o cristianismo. Despois del hai unha relixión xudía e outra cristiá.
Posteriormente, uns seiscentos anos despois de Xesús, xurdiuunha nova relixión, o islam. O islam tamén considera a Abraham, a Moisés, e o propio Xesús como grandes personaxes da súa relixión. Os crentes do islam chámanse musulmáns.
Xudeus, cristiáns e musulmáns afirman que Deus nos salva.
Estas tres relixións recoñecen a Abraham como pai dos crentes, como amigo de Deus e como exemplo para todos.
OS CRISTIÁNS:
Os cristiáns len a Biblia con frecuencia, sós ou en común, como ocorre nas celebracións relixiosas.
Xesús ensina a amar a Deus como a un Pai, e a relacionarse con el mediante a oración. Os cristiáns rezan como lles ensinou Xesús. A oración máis importante é o nosopai.
Os cristiáns proclaman a súa fe co sinal da cruz, e fano tanto ao empezar unha oración como ao terminala de rezar dicindo. " No nome do Pai, e do Fillo, e do Espírito Santo.
O libro sagrado dos cristiáns e a Biblia cristiá. Está formada por moitos libros, que se agrupan no Antigo Testamento e o Novo Testamento. No Novo Testamento están os evanxeos, onde se recolle a mensaxe de Xesús e se di que Xesús é o Fillo de Deus. O lugar onde soen rezar xuntos os cristiáns é na Igrexa.
OS XUDEUS
Recoñecen e proclaman que Deus é único e que non hai outro. Adoitan rezar, polo menos, dúas veces ao día a seguinte oración que resume a súa fe: " Escoita, Israel, o Señor é o noso Deus, o Señor é un."
O libro sagrado dos xudeus e a Biblia xudía ou Tanaj, esta biblia diferénciase da cristiá en que no ten o Novo Testamento. Os xudeus len a Biblia con frecuencia, sobre todo na sinagoga, lugar a onde acoden para rezar xuntos.
OS MUSULMÁNS
O libro sagrado dos musulmáns e o Alcorán. Segundo a súa fe, este libro contén as palabras que o anxo Gabriel, no nome de Deus, lle ditou ao seu enviado Mahoma.
Os musulmáns rezan cinco veces ao día e, normalmente, recitan textos do Alcorán. O lugar onde o fan e nas mesquitas.
A expresión máis importante e que pronuncian con moita frecuencia ao longo do día é: " Non hai máis Deus ca Alá e Mahoma é o seu profeta.